Bos días de luns! Como foi a fin de semana? Como quedaron eses autorretratos?
Hoxe propóñovos unha historia moi bonita de amizade e bondade que se titula Oso Atrapabolboretas.
Aquí che deixo un vídeo do conto. Eu paseino moi ben léndoo, así que espero que a vos guste tamén esta historia tan bonita! Se clicas na imaxe podes acceder á historia.
Que vos pareceu? Gustouvos a historia de Oso e Branca?
Agora podes facer algunhas cousiñas sobre o conto:
1. Ordenar algunhas imaxes da historia. Eu puxen só estas catro pero podedes escoller vos as que desexedes. Mesmo podedes debuxalas vos para logo ordenalas!
2. Esgrafiado con ceras. Podedes empregar esta técnica plástica tan divertida para rasgar unha bolboreta como Branca!
Mirade o que temos que facer para iso:
- Pintamos unha cartolina branca con ceras de cores, como máis che guste.
- Despois pintamos por encima toda a cartolina cunha capa de pintura negra para o que poderemos usar unha cera negra ou unha pintura acrílica, por exemplo, axudándonos cunha esponxa que nos permitirá cubrila mellor.
- Cando seque a pintura, comezamos a rasgar cun palillo, unha tapa dun bolígrafo ou calquera obxecto que teña un pouquiño de punta. Así, podemos ir creando os debuxos que prefiramos. Podedes debuxar a Branca e a Oso, os seus amiguiños do bosque, etc.
Se clicas no debuxo da bolboreta podes acceder ao paso a paso!
3. Tamén podemos realizar algunha manualidade se vos apetece como estas bolboretas con filtros de café, aproveitando os paíños dos xeados ou o osiño con papeis!
Un saúdo a tod@s! Espero que vos guste a historia de Branca e Oso ❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario