Bos días de xoves! Xa se achega a fin de semana así que seguimos experimentando coa ciencia en forma de experimentos. A ver que che parecen os desta semana!
Experimento 1: como se forma a néboa
Que precisamos?
- 1 vaso de cristal
- 1 coador
- 3 xeos
- Auga quente
Como o facemos?
- Collemos auga quente e enchemos un vaso ata arriba.
- Deixamos que o vaso se quente durante 30 segundos e despois baleiramos a metade da auga.
- Poñemos un coador sobre o vaso e tres xeos. Así, o vapor que queda debaixo comeza a condensarse.
Aquí che deixo o vídeo do experimento:
Reto: zumba kids
A bailar!!
A desfrutar do xoves con estes retos! Un saúdo ❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario