luns, 30 de marzo de 2020

Divirtámonos un pouquiño!

Hoxe propóñovos un conto cantado, por dicirlo así, para facer un poquiño máis ameno este luns de confinamento. 


"Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseveranza e optimismo veranse por fin recompensados. Esta versión do conto tradicional europeo incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polos sete días da semana, que indican o discorrer do tempo e o peche do ciclo en que se completa a independencia do protagonista". 

Podes escoller o conto que máis che gusta dos dous que aparecen a continuación:  




Que che pareceu? Este Paco Papán non ten máis que contratempos!!


Non che parece boa idea que elaboremos un horario para que Paco Papán se acorde ben dos oficios polos que pasou cada día da semana?

Podes escribir o nome dos días e realizar un debuxo do que lle aconteceu ese día como se fora un diario. Anda, tamén ti podes elaborar o teu diario para recordar nun futuro como pasaches o confinamento! Anímaste??

Para que te sigas divertindo un pouco, ao tempo que aprendes máis cousas sobre Paco, deixoche o enlace a unhas actividades LIM ben divertidas. A por elas, de seguro que che resultan moi sinxelas!!




Un saúdo e a por este luns!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario