Non fai moito tempo tiven a sorte de asistir a un curso sobre Arte na Educación Infantil e Primaria no que puiden achegarme de xeito máis ou menos profundo á obra dunha artista que cría firmemente que a arte podía cambiar a sociedade invadindo a propia sociedade.
Un exemplo da súa obra é a pintura que podes ver na marxe esquerda pero se queres coñecer un pouco máis da obra de Sonia Delaunay podes clicar encima do seu nome.
Apetécevos convertervos en pintoras e pintores seguindo a esta artista? Mans á obra, de seguro que nos quedan unhas pinturas incribles!
Aquí vos deixo algunha das propostas que podemos levar a cabo:
1. Podes buscar un poquiño de información e elaborar un ficha técnica da autora escribindo o seu nome, data e lugar de nacemento e algunha curiosidade da súa vida profesional.
1. Podes buscar un poquiño de información e elaborar un ficha técnica da autora escribindo o seu nome, data e lugar de nacemento e algunha curiosidade da súa vida profesional.
2. Xa que nas súas obras destacan as figuras xeométricas e, especialmente o círculo, cheas de cor, podemos realizar algún borrador composto de círculos de diferentes cores cos materiais que consideredes. Outra alternativa é debuxar os círculos nalgún soporte, recortalos e logo pegalos sobre un fondo previamente deseñado por nós!
3. Intervimos na obra de Sonia. Para iso, podémoslle pedir a papá/mamá/avó/ava ou quen estea ao noso coidado que nos amosen/impriman tan só un anaquiño dunha obra desta autora. A finalidade é que continuemos esa obra imaxinando como sería. Unha vez que rematemos será o momento de comparar a nosa pintura coa orixinal. De seguro que nos quedou moito mellor, va que si? Podes contar cantos círculos empregaches, falar das diferenzas e semellanzas entre eles, etc.
4. Baseándonos nas coloridas letras de Sonia, poderemos escribir o noso nome ou o que nos apeteza. De seguro que se converte nunha obra de arte. Non te esquezas de firmar as túas obras!! Velaquí tes un exemplo, a firma da autora que estamos traballando.
Mans á obra, ben podedes amosarnos esas obras!! Tamén podedes ver máis cousas sobre ela nesta publicación do museo Thyssen-Bornemisza.
Un saúdo artistas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario