Primeiro e xa que o outro día falamos da importancia da auga, imos realizar algún experimento empregándoa como recurso. Recorda que despois a podes empregar para regar as plantas, por exemplo, no canto de tirala!!
A primeira tarefa referirase á flotación ou non de determinados obxectos que teñamos pola casa e dos que poidamos botar man.
Pero que significa flotar? Que obxectos flotan e cales afunden? A que pode ser debido iso?
Mans a obra, vaiamos comprobalo!! Segue os seguintes pasos:
- Busca algúns obxectos que teñas pola casa e que poidamos meter en auga sen que se estropeen.
- Fai as túas hipóteses. Cales flotarán? Cales afundirán?
- Elabora unha folla de rexistro e anotan cales pensas que afundirán e cales que flotarán.
- Bota un pouco de auga nalgún recipiente e comeza a poñer os obxectos que recolectaches. Que está acontecendo? Eran verdadeiras as túas hipóteses ou non?
- Volve a anotar na folla de rexistro do punto 3 o que pasou finalmente despois de comprobar as túas hipóteses.
Agora que xa sabes un poquiño máis sobre a flotación podes elaborar o teu propio barquiño de papel e comprobar como se comporta!!
Podes ver tamén este vídeo de Blippi probando con moitos obxectos aínda que nós debamos buscalos dentro do fogar. Non vos preocupedes, de seguro que no que canta un galo poderedes saír coma el a buscalos fóra!!
Un saúdo a tod@s e a experimentar!! ✌
Ningún comentario:
Publicar un comentario