Bos días de mércores!! Como levades o confinamento?? Espero que moi ben, xa queda un día menos! 
Que vos parece se hoxe endulzamos un pouquiño o padal e elaboramos un rica receita do que máis vos guste para pasar un anaquiño entretido e degustar, tamén, as nosas elaboracións?
Vai pensando con que nos queres deleitar!! 
Será importante que sigas os seguintes pasos: 
1. Pensa cal vai ser a túa receita. 
2. Se xa sabes as cantidades que precisas, colle unha folliña e anota a receita. Se as descoñeces, busca a información que precisas antes de comezar a escribila. Lembra poñer ben todas as cantidades e ingredientes para que saia ben saborosa. 
3. Agora que xa tes todo ben organizado, podes elaborar a túa rica creación! 
Aquí che deixo un exemplo de  folliña que podes empregar para escribir a túa. 
Anímate, de seguro che saen cousas moi ricas! ❤



 
Ningún comentario:
Publicar un comentario