mércores, 1 de abril de 2020

Outro xoves de experimentos!


O xoves pasado fixemos algún experimento de flotación cos obxectos que tiveramos pola casa. 


Animádesvos a facer algún máis hoxe? Velaquí as propostas de hoxe: 


  • Bolsa de plástico a proba de fugas
Que precisamos?:
    • Bolsa de plástico con peche de cremalleira
    • Lápices/cores coa punta afiada
    • Auga

Como o facemos?:
    • Enche a bolsa de auga e péchaa coa cremalleira. 
    • Colle un lapis e introdúceo na bolsa asegurándote de que atravesa ambos os extremos.
    • Repite o paso anterior co resto dos lápices. 
    • Comproba que tes a bolsa atravesada cos lápices pero a auga non se derrama. 

Que acontece? Estas bolsas están fabricadas con polietileno, cuxas moléculas se adhiren aos lápices, impedindo o paso da auga. Que sorpresa, non si? 


  • Anaquiños de papel 
Que precisamos?:
    • Un globo
    • Unha folla de papel
    • Papel de seda
    • Tesoiras
    • O teu xersei, se é de la mellor

Como o facemos?:
    • Debuxa siluetas do que desexes en papel de seda.
    • Pon as siluetas encima dunha mesa. Infla un globo e átao. Pídelle axuda a papá, mamá ou a un adulto que estea contigo.
    • Frota o globo no xersei ou no teu pelo. 
    • Pon o globo encima dos anaquiños de papel, a 10 ou 20 cm e observa que acontece. 

Que acontece? Co frotamento contra a la ou o pelo, o globo recibe carga estática. Créase, entón, un campo eléctrico arredor do globo que atrae os anaquiños de papel como se fora un imán. 


Que che pareceron os experimentos? Un pouco sorprendentes, va que si? Anímate a probalos, de seguro, que pasas un anaquiño entretido. 

Un saúdo a tod@s e feliz xoves!



Ningún comentario:

Publicar un comentario