mércores, 29 de abril de 2020

Día Internacional da Danza

Hoxe 29 de abril celebramos o Día Internacional da Danza. 



Pero sabes a que se debe que se celebre hoxe? É o día no que naceu Jean-Georges Noverre, mestre e creador do ballet moderno.


E a ti gústache bailar? Pois celebremos o día da danza!!


Aí vai un exemplo de coreografía cunha canción que vos gustaba moito. Recordades?

Anímaste a danzar un pouquiño? Tamén podes inventar ti unha coreografía coa canción que máis che guste. De seguro que che queda chulísima! Podes compartila no Padlet que inclúo a partir de hoxe se che apetece!



Ademais, podemos facer outras tarefas ben divertidas para celebrar este día de tanto ritmo:

1. Marionetas de dedos para realizar tamén a nosa coreografía cos nosos dediños, dándolle o deseño que máis vos guste!

2. Creamos cintas de baile para facer máis vistosa a nosa danza.


Un saúdo e a desfrutar do día da danza!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario