xoves, 30 de abril de 2020

Xoves científico

Como foi a celebración do día da danza? Agardo que pasarades un anaquiño entretido coas vosas coreografías!

Que vos parece se hoxe, xoves, o adicamos á ciencia e elaboramos algún divertido experimento co limón como protagonista? Ocórreseche algún experimento que poidamos realizar con esta froita?




Experimento número 1: Volcán de limón

Que precisamos?

Comeza preparando os materiais que necesitas para levar a cabo o experimento!

  • Un limón
  • Un pouquiño de xel 
  • Bicarbonato
  • Un coitelo

No seguinte vídeo podes ver o proceso de realización do experimento e tamén o resultado. Que divertido!! Non che parece??





Experimento número 2: Tinta invisible

Que precisamos?

  • Un limón
  • Un bastonciño
  • Unha lámpada, lanterna ou candea (neste caso precisas a axuda dun adulto)

Só temos que sacar o zume do limón e empregalo como tinta, escribindo co bastonciño. Pero antes de enviar a nota debes deixala secar!

Así, quen a recibe debe aplicar calor para ver a mensaxe! Que sorpresa!! 



Un saúdo, a desfruta deste xoves de ciencia! ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario