martes, 21 de abril de 2020

Día Mundial da Creatividade

Hoxe, día 20 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación.



Son moitas as actividades creativas que podemos facer e, sobre todo, poden facer os nenos e nenas de infantil grazas a súa imaxinación e creatividade. 

Unha das tarefas que che propoño hoxe é un taller de modelado. Que che parece? Como non sei se todas e todos tedes pasta para modelar na casa, vouvos achegar unha receita para facer pasta de sal similar á que fixemos a comezos de mes, se recordades era plasti pero podía empregarse tamén como masa de sal. Se clicas na imaxe poderás acceder a un exemplo de elaboración desta masa: 




Unha vez que elaboraches a masa, deixar voar a túa imaxinación e constrúe o que se che ocorra. Cando xa estea seco, poderás decorar a túa obra. 

Outra das tarefas pode ser poñer a disposición dos nenos e nenas unha serie de materiais dos que dispoñamos na casa para que realicen as súas creacións, combinando materiais, cores, obxectos, etc. Se temos abalorios, tamén podemos realizar pulseiras ou colares pensando as combinacións que desexemos. En caso de non telos, podemos pintar macarróns, por exemplo, e quedarannos uns colares moi vistosos. 



Tamén podemos dramatizar un conto que lle guste aos pequenos e pequenas ou inventalo ou crear diferentes títeres previamente para representalo despois e realizar unha especie de obra de teatro. 


Anímaste a poñer en práctica a túa creatividade? Ánimo e a polo martes creativo!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario