mércores, 22 de abril de 2020

Día da Terra

Hoxe, 22 de abril, volve a ser un día moi especial pois celébrase o Día Mundial da Terra. 




Esta celebración outórganos un espazo para reflexionar sobre o importante que é coidar o noso planeta e pensar que estamos facendo para logralo. Debemos procurar que o día da terra sexa todos os días do ano con actividades como reutilizar materiais, reciclar o lixo e separalo no lugar correspondente como xa faciamos no cole, etc. 


Un día Pétala vai regar as plantas e descobre que non hai auga. Disposta a buscar o motivo, voa ata as nubes e dase conta de que un enorme dragón se apoderou da casa da choiva... Queres coñecer que lle ocorre a Pétala? 




La lectura de este cuento puede constituir una buena estrategia para estimular la conciencia medioambiental en la infancia, porque en el lector se genera de manera natural un nuevo concepto de la importancia del agua, después de haber experimentado con el álbum. Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará su aventura, y nos revelará a todos un secreto: los dragones, por feroces y monstruosos que parezcan, también tienen miedo.

Que che pareceu o conto de Pétala? Vedes canta importacia ten coidar da auga? 


Agora propóñoche unha serie de actividades para conmemorar este día tan importante :

1. Podes realizar un Pop-Up sobre o Día da Terra, así cada vez que o vexas lembrarás a importancia de coidar o noso planeta. Podes debuxar a túa árbore favorita, o lugar da natureza polo que che gusta camiñar ou o que a ti se che ocorra. Despois, podes pedirlle axuda a papá e mamá para montar o Pop-Up. Mira un exemplo: 


2. O parchís da reciclaxe. Divírtete un pouco cunha versión un pouquiño diferente deste xogo tan popular!



3. Crear obras con elementos reciclados, reutilizando materiais que xa non nos serven. 



4. Deixo tamén unha actividade moi divertida para facer papel reciclado. Se dispoñedes dos utensilios na casa e vos animades pode ser moi interesante!


Un saúdo e bo día para tod@s!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario