Como comeza o martes? Espero que estes días sexan un pouquiño máis amenos ao poder pasear un anaquiño cada día.
Hoxe propóñovos realizar un taller de manualidades de primavera, entre elas unha cometa que podedes levar no voso paseo diario e comprobar se voa.
Aquí che deixo algunhas delas a ver que che parecen:
1. Na primavera, as aves están en plena construcción dos seus niños e alimentación das súas crías. De seguro, que dende a túa ventá e agora se podes saír a pasear, escoitas o bonito canto de moitos paxariños que andan revoloteando polo ceo. Por iso, podemos realizar este niño para celebrar a chegada da primavera e o nacemento de moitos paxariños.
2. Podes mirar pola túa ventá ou fixarte nas paisaxes que ves cando saes dar un paseo e plasmalo nun debuxo á volta.
3. Agora si, anímaste a deseñar a túa cometa? Velaquí un exemplo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario