luns, 27 de abril de 2020

Unha eiruga moi larpeira!

Bos días de luns. Hoxe damos comezo a unha nova semana do máis especial, de seguro, para moitos e moitas de vós que podedes saír á rúa!


Un luns máis propoño un pouquiño de lectura e certas actividades referentes a ela. Neste caso un conto de Eric Carle que ao mellor xa coñecedes. 


A súa protagonista é un animaliño moi pequeno pero cunha fame enorme que se pasa o conto comendo e atravesando páxina a páxina ata converterse nunha bonita bolboreta.


Aqúi che deixo un vídeo no que podes desfrutar deste conto tan divertido!




Despois de ver o conto, podes realizar algunhas actividades referentes ao conto como por exemplo: 

1. Representar a eiruguiña con pinzas da roupa ou outros elementos.




2. O xogo da eiruga larpeira, do cal podes atopar as instruccións clicando na imaxe!


3. Ordena o ciclo de vida da eiruga ata converterse nunha bolboreta.




4. Decora a bolboreta.

Un saúdo e bo luns!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario