Como vai este venres? Xa estamos, outra vez, ás portas da fin de semana.
O último venres coñecemos un pouco máis sobre Joan Miró.
Neste caso, achegarémonos á obra de Vasili Kandinski. Coñécelo? É un pintor ruso, precursor da arte abstracta, pero se queres coñecer un pouco máis da súa obra podes clicar encima da súa fotografía. Pódeslle pedir a alguén que che lea algo máis da súa traxectoria! Mira que obra tan colorida!
Neste caso, achegarémonos á obra de Vasili Kandinski. Coñécelo? É un pintor ruso, precursor da arte abstracta, pero se queres coñecer un pouco máis da súa obra podes clicar encima da súa fotografía. Pódeslle pedir a alguén que che lea algo máis da súa traxectoria! Mira que obra tan colorida!
Animaste a realizar algunhas tarefas sobre este autor? A poñer en funcionamento a túa imaxinación e creatividade? Estas che propoño:
- 1ª tarefa: Podes buscar información sobre o autor e elaborar a súa ficha técnica para comprobar que datos curiosos podemos coñecer sobre el. Para iso, achego unha mostra de plantilla aínda que podes rexistralo como ti desexes.
- 2ª tarefa: Kandinski establecía unha relación moi forte entre a música e a arte así que adoitaba escoitar a autores como Wagner e Schönberg mentres realizaba as súas producións. Nesta tarefa, propóñoche que ti tamén escoites a estes autores ou outros que che apeteza e plasmes os sentimentos e emocións que che provocan esas composicións nun debuxo, por exemplo. Aquí che deixo un exemplo:
- 3ª tarefa: Kandinski emrpegaba formas xeométricas para a realización das súas obras. Anímaste a facer ti algunha? Aquí che deixo un exemplo da obra deste autor.
- 4ª tarefa: que che parece a obra de círculos que puxen máis arriba? A idea desta derradeira tarefa é que realices a obra na túa casa cos materiais que desexes. Ademais, podedes realizar tamén un só dos cadrados con círculos concéntricos de maneira que cando se produza a reincorporación ás aulas poidamos elaborar unha obra colaborativa.
Algún exemplo:
Moito ánimo e saúdos de venres para tod@s!❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario