Como vai comezando o xoves nenas, nenos, familias?
Hoxe, xoves, propóñovos un reto e tamén algún que outro experimento a ver que vos parecen. Animádesvos a probar?
Primeiro, para exercitar un pouquiño o noso esqueleto, sería interesante realizar unha sesión de ACROSPORT.
De seguro que se probas che resulta do máis divertido, ademais require a cooperación de toda a familia.
A ver que figuras vos saen, eu vou deixar aquí abaixo un exemplo pero podedes idear tamén as vosas propias! Iso si, lembrádevos de ter en conta os consellos de seguridade que se dan ao comezo do vídeo.
Hoxe os experimentos teñen ovos como protagonistas! Apetéceche probar??
Experimento 1: ovo transparente
Que precisamos?
- Un ovo cru.
- Un envase de plástico con tapa onde colla o ovo.
- Vinagre para somerxer o ovo.
Como o facemos?
- Poñemos o ovo no envase con coidado.
- Enchemos o envase con suficiente vinagre para cubrilo.
- Tapamos o envase e agardamos.
- Despois de 48 horas, sacamos o ovo e comprobamos o resultado.
Aquí che deixo un vídeo do antes e o despois.
Experimento 2: plantas en casca de ovo
Que precisamos?
- Ovos
- Sementes
- Algodón
Como o facemos?
Con isto podemos facer xerminar algunhas legumes, por exemplo. Para iso, debemos poñer un algodón húmido e as sementes dentro da casca. Debemos procurar mantelo húmido e colocalos nun lugar cálido e soleado. Unha semana máis tarde poderán comezar a medrar as sementes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario