Bos días de luns! Como vai o comezo de semana?
Hoxe propóñovos un conto titulado "A cousa que máis doe do mundo" que sempre está ben recordar polas ensinanzas que nos transmite.
Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos cumprían unha función similar a dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias posúen un estilo propio, e os contos tradicionais africanos caracterízanse por presentaren un contido simbólico, e por atesouraren coñecementos e sabedoría ancestral. Adoito, se expoñen neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, se lembran valores esquecidos, ou como neste caso, se trata de educar os individuos transmitíndolles unha ensinanza.
Unha vez lido ou visionado podemos facer algunhas cousiñas sobre o conto:
- Escribir o título do conto.
- Quen dixo que a cousa que máis doe do mundo é a mentira?
- Que outros animais aparecen no conto?
- Quen estaba preocupado?
- Quen dixo unha mentira?
- Que pensades vós da mentira?
Tamén podemos facer algunhas manualidades referentes ao conto, como por exemplo, o rei con plastilina ou con pasta de sal ou unha máscara da lebre:
E outra moitas que se che ocorran!
Un saúdo a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario