Como vai comezando o martes?
Espero que da mellor maneira agora que xa todos e todas podemos saír a respirar un pouquiño de aire!
Hoxe, 5 de maio, conmemórase o Día Internacional do Patrimonio Africano! Por iso o título da entrada! Jambo significa bos días en swahili que é unha lingua africana.
E vós, coñecedes ÁFRRICA? Algo deste continente temos falado. Lembras o que? Pero...
- Que é África?
- Como podemos chegar?
- Está preto ou lonxe das nosas casas?
- Que animais viven en África?
Podes pedirlle a papá ou mamá que che axude a trazar unha liña dende os nosos fogares ata o continente africano! Que che parece, que medio de transporte empregarías para viaxar?
No seguinte vídeo podes coñecer máis cousiñas sobre este continente tan especial:
Adiviña o animal: neste vídeo poderás escoitar os sons que emiten algúns animais. Podes clasificalos segundo vivan na sabana, no deserto, etc. Primeiro escoitáos sen ver o vídeo, logo poderás comprobar se acertaches!
Algunhas manualidades como máscaras ou colares africanos. Que cores máis chulas, anímaste?
Unha canción ben divertida:
Un saúdo e a desfrutar de África!❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario