venres, 8 de maio de 2020

Venres de Frida!

Bos días de venres! Ás portas da fin de semana, coñeceremos unha nova artista mexicana. 


O seu nome é Frida Kahlo e empregou a pintura como medio para plasmar a súa propia realidade.

A súa obra caracterizouse polo uso de elementos expresionistas e surrealistas e polo carácter autobiográfico das súas obras, pois era a protagonista de moitos dos seus cadros. 

Pero se queres coñecer un pouquiño máis a Frida e algunha das súas obras, podes botarlle un ollo a este pequeno vídeo: 



Algunhas actividades:

1. Ficha técnica da autora. Podes anotar algún dato dos que vas escoitando no vídeo anterior para recoller unha breve información sobre esta artista.

2. Autorretrato. Como xa dixemos, ela era a protagonista de moitas das súas obras e realizou algúns autorretratos. Anímaste a deseñar o teu? Aquí che deixo unha plantilla para que o deseñes como máis che guste!

Tamén podes sacar unha foto túa e decorala con flores, bolboretas, etc. 





3. A casa azul de Frida Kahlo. Amosamos imaxes da casa azul onde Frida vivía rodeada de mascotas e pedímoslle aos nenos e nenas que elaboren a súa propia versión. Hoxe está reconvertida no museo da autora e podes visitalo no seguinte enlace



Un saúdo de venres!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario