Como comeza o xoves familias?
Agardo que pasarades un anaquiño entretido co Twister de onte! Podedes compartir as vosas partidas no Padlet se vos apetece compartilo co resto!
Hoxe propóñovos dous experimentos moi sinxelos pero moi vistosos que aos nenos e nenas lles encantan! A ver que vos parecen, animádesvos?
Experimento número 1: Arco da vella líquido (densidade)
Que precisamos?
- Colorantes alimentarios
- Mel
- Xabón
- Aceite
- Alcohol
- Auga
O resulta final das mesturas, dá lugar ás 7 cores do arco da vella. Aquí vos deixo un vídeo do proceso, moi sinxelo pero moi vistoso.
É importante manter a orde dos elementos para que non se mesturen.
Experimento número 2: Flores de papel que florecen (capilaridade)
Que precisamos?
- Papeis
- Cores
- Auga
- Un prato
- Tesoiras
A nosa flor ten que ter os pétalos separados como unha margarida. Unha vez recortadas, doblamos os pétalos cara o centro e poñémolas nun prato con pouca auga.
Un saúdo de xoves!❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario