xoves, 11 de xuño de 2020

Experimenta!


Bos días de xoves! Como foron esas granxas?



Hoxe traio dous experimentos ben divertidos! Pero primeiro comparto con vós unha canción para que animedes este xoves!



Agora si! Aí van os experimentos de hoxe:


1. Cores que se comunican: 

Que precisamos:
  • 3 botes de cristal transparente
  • pintura (témpera, acuarela...)
  • servilletas de papel 
  • auga 
Como o facemos:

  1. Enchemos cada bote ata a metade de auga
  2. Disolvemos un pouco de pintura de diferentes cores nos botes
  3. Facemos un tubo coa servilleta e colocamos cada un dos extremos en dous botes diferentes
  4. Facemos o mesmo con outra servilleta. Colocamos un extremo no bote que acabamos de empregar e o outro no que está libre.
  5. Agardamos uns minutos para ver o resultado.




2. Pescando xeo:

Que precisamos:
  • Recipiente con auga
  • Xeo
  • Sal 
  • Fío groso
Como o facemos:

  1. Introducimos o xeo na auga
  2. Colocamos o fío sobre un dos cubiños de xeo, asegurándonos que están en contacto
  3. Engadimos un pouco de sal ao xeo e agardamos entre 1 e 5 minutos
  4. Agarra os dous extremos do fío e pesca o xeo!

Espero que vos gusten os experimentos de hoxe! Un saúdo ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario