Bos días de venres!
Xa ás portas da fin de semana, quería presentarvos un novo pintor: Pablo Picasso! Se clicas no nome do pintor, poderás acceder á súa biografía!
Agora é a túa quenda, pon en marcha a túa creatividade para pasar un anaquiño entretido!
1. Intervimos na obra de Pablo Picasso. Para iso podes imprimila en branco e negro como ti creas e logo comparala con obra orixinal para ver as diferenzas e semellanzas entre ambas.
Paisaje mediterráneo
2. Obra cubista. O cubismo consiste en representar un obxecto ou unha persoa dende varios ángulos ao mesmo tempo.
Como o facemos?:
- Comeza a debuxar nunha folla diferentes elementos dunha cara.
- Tamén podes engadir outros elementos decorativos como corazóns, flores,...
- Agora podes colorealos, recortalos e nunha nova folla ensamblalos creando o teu busto.
Aquí che deixo un exemplo:
Anímate a deseñar as túas obras de arte! Un saúdo ❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario