venres, 19 de xuño de 2020

Fin de curso!



Boas tardes de venres! Como foi a semaniña? 


Hoxe dase por rematado, oficialmente, o curso académico 2019/2020. E aínda que non podemos facer a nosa festa de fin de curso no cole, agardo que celebredes a vosa graduación da mellor maneira posible en compaía da voda familia!

Quería felicitarvos polo voso curso, acabades unha etapa moi bonita, a educación infantil, e comezades unha nova etapa que será moi especial, sen ningunha dúbida. 

Feliz graduación, nenos e nenas de 6º de Educación Infantil! Formades un equipo moi bonito, seguide así, sodes uns campións e campioas!! Así que a celebrar a vosa graduación en familia e con amigos, que agora xa podemos!



Moitas grazas por acompañarme nesta andaina nun novo cole, sodes xeniais, grazas pola acollida, foi un enorme placer estar estes mesiños convosco! Agardo que puidera devolvervos un pouquiño do que vós me transmitistes a min ❤


Unha aperta enorme, desfrutade do verán para volver en setembro con moita ilusión pola nova etapa! Se vos apetece podédesnos contar no Padlet que ides facer no verán, por exemplo! ❤

xoves, 18 de xuño de 2020

Un pouquiño máis de ciencia e retos


Bos días de xoves! Xa se achega  a fin de semana así que seguimos experimentando coa ciencia en forma de experimentos. A ver que che parecen os desta semana!




Experimento 1: como se forma a néboa

Que precisamos?
  • 1 vaso de cristal
  • 1 coador
  • 3 xeos
  • Auga quente
Como o facemos?

  1. Collemos auga quente e enchemos un vaso ata arriba.
  2. Deixamos que o vaso se quente durante 30 segundos e despois baleiramos a metade da auga. 
  3. Poñemos un coador sobre o vaso e tres xeos. Así, o vapor que queda debaixo comeza a condensarse. 
Aquí che deixo o vídeo do experimento:




Reto: zumba kids

A bailar!!


A desfrutar do xoves con estes retos! Un saúdo ❤


mércores, 17 de xuño de 2020

Adiviñas de verán!


Bos días de mércores! Como xa dixemos onte, o próximo sábado comeza unha nova estación, o verán. Pero que sabes ti desta estación? 


Hoxe propóñoche unha serie de adiviñas sobre esta estación. 




Pero antes deixo unhas cantas cancións moi axeitadas para desfrutar neste tempo: 



Agora si, a pensar un pouquiño! Cando saibas a solución da adiviña podes facer un debuxo para ilustrala:

1. Leva anos no mar                          
e aínda non sabe nadar.                         Solución 1


2. Ando sempre no verán,
unhas veces aberto,                             Solución 2
outras veces pechado.


3. Por encima del os barcos van,
por debaixo del os peixes están                 Solución 3
e nel ímonos mollar.                       


Tamén podemos realizar unhas actividades LIM ben entretidas sobre o verán ou colorear algún mandala con motivos de verán



Un saúdo!❤

martes, 16 de xuño de 2020

Xa chega o verán!


Bos días de martes! Como vai a derradeira semaniña de cole?

Que vos pareceu o conto dos caracois?

Como xa saberedes, o próximo sábado día 20 de xuño comeza unha nova estación, a ver se adiviñas cal é:


Todos agardan a miña chegada, 
pois traio as vacacións, 
comigo chegan tamén 
a calor, os xeados e as diversións.
Quen son?

Moi ben! O verán comeza o próximo sábado ás 23:44 horas. Mira que canción máis animada para ir celebrando a súa chegada!: 



Tamén podes elaborar algunhas manualidades para ir decorando a túa casa para esta estación tan colorida:
















Anímate a compartir as túas obras con nós no Padlet! Un saúdo ❤

luns, 15 de xuño de 2020

Caracois!


Bos días de luns! Como foi a fin de semana?


Hoxe deixo un contiño moi interesante que relata a historia de Caracol e Caracola e tamén unhas divertidas manualidades para facer despois do conto! Animádesvos?




Que vos pareceu a historia? 
Aquí vos deixo algúns caracois para que deseñedes despois de escoitar o conto!




Un saúdo!❤

xoves, 11 de xuño de 2020

Pablo Picasso!


Bos días de venres! 

Xa ás portas da fin de semana, quería presentarvos un novo pintor: Pablo Picasso! Se clicas no nome do pintor, poderás acceder á súa biografía!
















Agora é a túa quenda, pon en marcha a túa creatividade para pasar un anaquiño entretido!

1. Intervimos na obra de Pablo Picasso. Para iso podes imprimila en branco e negro como ti creas e logo comparala con obra orixinal para ver as diferenzas e semellanzas entre ambas. 

Paisaje mediterráneo



2. Obra cubista. O cubismo consiste en representar un obxecto ou unha persoa dende varios ángulos ao mesmo tempo. 

Como o facemos?:

  • Comeza a debuxar nunha folla diferentes elementos dunha cara. 
  • Tamén podes engadir outros elementos decorativos como corazóns, flores,...
  • Agora podes colorealos, recortalos e nunha nova folla ensamblalos creando o teu busto. 

Aquí che deixo un exemplo: 



















Anímate a deseñar as túas obras de arte! Un saúdo ❤

Experimenta!


Bos días de xoves! Como foron esas granxas?



Hoxe traio dous experimentos ben divertidos! Pero primeiro comparto con vós unha canción para que animedes este xoves!



Agora si! Aí van os experimentos de hoxe:


1. Cores que se comunican: 

Que precisamos:
  • 3 botes de cristal transparente
  • pintura (témpera, acuarela...)
  • servilletas de papel 
  • auga 
Como o facemos:

  1. Enchemos cada bote ata a metade de auga
  2. Disolvemos un pouco de pintura de diferentes cores nos botes
  3. Facemos un tubo coa servilleta e colocamos cada un dos extremos en dous botes diferentes
  4. Facemos o mesmo con outra servilleta. Colocamos un extremo no bote que acabamos de empregar e o outro no que está libre.
  5. Agardamos uns minutos para ver o resultado.




2. Pescando xeo:

Que precisamos:
  • Recipiente con auga
  • Xeo
  • Sal 
  • Fío groso
Como o facemos:

  1. Introducimos o xeo na auga
  2. Colocamos o fío sobre un dos cubiños de xeo, asegurándonos que están en contacto
  3. Engadimos un pouco de sal ao xeo e agardamos entre 1 e 5 minutos
  4. Agarra os dous extremos do fío e pesca o xeo!

Espero que vos gusten os experimentos de hoxe! Un saúdo ❤