martes, 31 de marzo de 2020

A la prima primavera!


Que vento temos estes días, semella que imos saír voando coma un paxariño!!

Pero tamén é certo que dende os nosos fogares podemos ver o sol da primavera brillar. Ademais, os días son máis longos, como levades o cambio de hora? Cal delas vos gusta máis?

Pois aproveitando o cambio recente de estación e os días que estamos tendo, propóñovos celebrala sen saír a fóra de momento facendo algúnha manualidade e escoitando algúnha que outra canción clásica que de seguro nos axuda a relaxarnos un pouquiño! Anímaste?? 

Estas son as propostas para hoxe: 

1. Le a poesía de Gloria Fuertes sobre a primavera. Animaste a crear ti unha para adicarlla a esta estación tan florida? 



2. Escoita estas cancións/obras musicais a ver se che permiten alegrarte un pouquiño e relaxarte para realizar a seguinte proposta. Mentres as escoitas podes facer un debuxo do que che fan sentir cada unha delas. Cal é a túa favorita?


3. Elabora algunha manualidade. Eu vou deixar algún exemplo pero podes crear o que ti desexes empregando os materiais dos que dispoñas no teu fogar. A crear!!


manualidades para niños y niñas especial primavera PORTADA ...Blog con buena letra - 6 divertidas manualidades de primavera

50+ Fotos De Las Más Increíbles Manualidades De Primavera ...Manualidades en primavera - Actividades y Planes para niños, ocio ...


Un saúdo a tod@s e a polo martes!! ☺ ❤

luns, 30 de marzo de 2020

Divirtámonos un pouquiño!

Hoxe propóñovos un conto cantado, por dicirlo así, para facer un poquiño máis ameno este luns de confinamento. 


"Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseveranza e optimismo veranse por fin recompensados. Esta versión do conto tradicional europeo incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polos sete días da semana, que indican o discorrer do tempo e o peche do ciclo en que se completa a independencia do protagonista". 

Podes escoller o conto que máis che gusta dos dous que aparecen a continuación:  




Que che pareceu? Este Paco Papán non ten máis que contratempos!!


Non che parece boa idea que elaboremos un horario para que Paco Papán se acorde ben dos oficios polos que pasou cada día da semana?

Podes escribir o nome dos días e realizar un debuxo do que lle aconteceu ese día como se fora un diario. Anda, tamén ti podes elaborar o teu diario para recordar nun futuro como pasaches o confinamento! Anímaste??

Para que te sigas divertindo un pouco, ao tempo que aprendes máis cousas sobre Paco, deixoche o enlace a unhas actividades LIM ben divertidas. A por elas, de seguro que che resultan moi sinxelas!!




Un saúdo e a por este luns!!

venres, 27 de marzo de 2020

Un pouco de arte para rematar a semana e comezar a finde!



Non fai moito tempo tiven a sorte de asistir a un curso sobre Arte na Educación Infantil e Primaria no que puiden achegarme de xeito máis ou menos profundo á obra dunha artista que cría firmemente que a arte podía cambiar a sociedade invadindo a propia sociedade. 


Un exemplo da súa obra é a pintura que podes ver na marxe esquerda pero se queres coñecer un pouco máis da obra de Sonia Delaunay podes clicar encima do seu nome. 

Apetécevos convertervos en pintoras e pintores seguindo a esta artista? Mans á obra, de seguro que nos quedan unhas pinturas incribles!

Aquí vos deixo algunha das propostas que podemos levar a cabo: 

1. Podes buscar un poquiño de información e elaborar un ficha técnica da autora escribindo o seu nome, data e lugar de nacemento e algunha curiosidade da súa vida profesional. 

2. Xa que nas súas obras destacan as figuras xeométricas e, especialmente o círculo, cheas de cor, podemos realizar algún borrador composto de círculos de diferentes cores cos materiais que consideredes. Outra alternativa é debuxar os círculos nalgún soporte, recortalos e logo pegalos sobre un fondo previamente deseñado por nós!


3. Intervimos na obra de Sonia. Para iso, podémoslle pedir a papá/mamá/avó/ava ou quen estea ao noso coidado que nos amosen/impriman tan só un anaquiño dunha obra desta autora. A finalidade é que continuemos esa obra imaxinando como sería. Unha vez que rematemos será o momento de comparar a nosa pintura coa orixinal. De seguro que nos quedou moito mellor, va que si? Podes contar cantos círculos empregaches, falar das diferenzas e semellanzas entre eles, etc. 


4. Baseándonos nas coloridas letras de Sonia, poderemos escribir o noso nome ou o que nos apeteza. De seguro que se converte nunha obra de arte. Non te esquezas de firmar as túas obras!! Velaquí tes un exemplo, a firma da autora que estamos traballando.






















Mans á obra, ben podedes amosarnos esas obras!! Tamén podedes ver máis cousas sobre ela nesta publicación do museo Thyssen-Bornemisza

Un saúdo artistas!!


xoves, 26 de marzo de 2020

E hoxe...

Primeiro e xa que o outro día falamos da importancia da auga, imos realizar algún experimento empregándoa como recurso. Recorda que despois a podes empregar para regar as plantas, por exemplo, no canto de tirala!!

A primeira tarefa referirase á flotación ou non de determinados obxectos que teñamos pola casa e dos que poidamos botar man. 

Pero que significa flotar? Que obxectos flotan e cales afunden? A que pode ser debido iso? 

Mans a obra, vaiamos comprobalo!! Segue os seguintes pasos: 

  1. Busca algúns obxectos que teñas pola casa e que poidamos meter en auga sen que se estropeen. 
  2. Fai as túas hipóteses. Cales flotarán? Cales afundirán?
  3. Elabora unha folla de rexistro e anotan cales pensas que afundirán e cales que flotarán. 
  4. Bota un pouco de auga nalgún recipiente e comeza a poñer os obxectos que recolectaches. Que está acontecendo? Eran verdadeiras as túas hipóteses ou non? 
  5. Volve a anotar na folla de rexistro do punto 3 o que pasou finalmente despois de comprobar as túas hipóteses. 


Agora que xa sabes un poquiño máis sobre a flotación podes elaborar o teu propio barquiño de papel e comprobar como se comporta!!



Podes ver tamén este vídeo de Blippi probando con moitos obxectos aínda que nós debamos buscalos dentro do fogar. Non vos preocupedes, de seguro que no que canta un galo poderedes saír coma el a buscalos fóra!!


Un saúdo a tod@s e a experimentar!! ✌

mércores, 25 de marzo de 2020

A poesía

https://cdn.cienradios.com/wp-content/uploads/sites/14/2016/03/poesia.jpg

Cantas conmemoracións estes días! Temos que celebralas na casiña pero iso non impide que non prestemos atención aos días especiais que nos rodean. 


A fin de semana pasada conmemorouse tamén o Día Internacional da Poesía.



"...Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas…". Gloria Fuertes.


Resultado de imagen de gloria fuertes

Pero coñeces a Gloria Fuertes? Foi escritora de narrativa, poesía, teatro e autora de literatura infantil e xuvenil. 


No seguinte vídeo podes achegarte un pouquiño máis a algúns dos seus poemas, neste caso, sobre animais! A ver que che parecen...





Tamén na nosa terra temos unha poeta que xa coñecemos, a que si?  Quen recorda? Vouvos dar algunha pista: 

-Celebramos o seu día o pasado 24 de febreiro.

-Podemos visitar a súa casa na vila de Padrón.

Xa adiviñastes verdade? Sii é Rosalía de Castro. Aquí vos deixo a canción que ensaiamos para celebrar o seu día a ver quen se acorda!!



Aquí achego unhas propostas para celebrar o Día da Poesía (sempre é bo momento para iso)!




Un saúdo para tod@s! ☺

martes, 24 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Recentemente, celebramos, tamén, o día mundial da auga. 

Concretamente, o pasado domingo 22 de marzo.


Resultado de imagen de dia mundial del agua 2020

Por iso, queremos crear conciencia da súa importancia tendo en conta, tamén, o seu papel nos días que atravesamos para facer fronte a esta pandemia e axudar na hixiene das nosas mans.

Comezaremos por coñecer a importancia da auga neste vídeo tan interesante. Presta atención: 



Pato e Pocoyó ensínannos a importancia de aforrar auga: 




Tamén podes practicar con este recitado adicado á auga nas súas diversas formas (obtido de https://orellapendella.gal/?s=auga

Frío, frío,
coma a auga do río.

Morno, morno,

coma a auga do chorro.

Quente, quente,

coma a auga que ferve.


Aquí deixo unha serie de propostas:



Sempre podedes pensar noutras actividades! Un saúdo ☺ ☺

luns, 23 de marzo de 2020

Benvida primavera!

Resultado de imagen de imagenes primavera gifs

Como xa sabedes, o pasado venres 20 de marzo, deu comezo unha nova estación: a primavera! Aínda que non poidamos saír a celebrala, podemos divertirnos un pouquiño aprendendo máis cousas sobre ela. 

Animádesvos? 



Velaquí algunhas propostas para facer un chisquiño máis amenos estes días primaverais! 

Podemos comezar escoitando e bailando unha canción de Mamá Cabra: 



Tamén pode ser divertido adicarlle un pouquiño de tempo ás TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). Neste caso, propoñemos unha serie de divertidas actividades LIM relacionadas coa estación da que estamos a falar. 



Deixo por aquí o plan coas tarefas. Imos darlle a benvida á primavera da mellor maneira posible! Se queredes compartir conmigo para que suba ao blogue as vosas manualidades, por exemplo, podedes facelo enviándoas ao correo electrónico (cristinapajaropineiro@gmail.com). 





Ánimo e a desfrutar do comezo de estación na medida do posible! De seguro en nadiña a poderedes celebrar xogando no parque e na rúa!!