Bos días a todo@s! Como está indo este comezo de semana??
Primeiro deixo por aquí unha canción do máis animada para facer máis amenos estes días. Aínda que non poidamos saír de festa como di na súa letra, sempre podemos festexar na casa coas nosas familias.
Algunhas das manualidades que podemos realizar son as seguintes (podedes poñer en xogo a vosa imaxinación e creatividade e realizar outras máis divertidas):
1. Podemos empregar diferentes materiais/obxectos que teñamos na casa para decorar ovos mediante a técnica da estampación.
2. Outra das manualidades poden ser caretas de coelliño e pitiños con materiais de refugallo que teñamos pola casa.
3. A terceira das tarefas, consiste en recortar as diferentes partes dos ovos (que podemos decorar previamente) e unilas e unir os puntos.
Un saúdo e a desfrutar da semana! ❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario