mércores, 8 de abril de 2020

Outra de receita!



Outro mércores máis, propóñovos unha receita pero desta volta non para comer, para xogar con ela! Supoño que xa teredes plasti na casa, pero que divertido pode ser facela nós mesm@s na casa para despois divertirnos con ela?



Pero primeiro, onte foi o Día Mundial da Saúde (7 de abril) e como é taaan importante lavar as mans sempre e, especialmente, para amasar, aínda que hoxe non sexa para comer, quería ensinarche este vídeo tan divertido. 


Agora que temos as mans súper limpas, por aquí che vou deixar os ingredientes e tamén a preparación pero podes escribila ti para tela a man cada vez que desexes elaborala!

Para iso, podes comezar a escribir a receita da pasta como se fora a dun biscoito. 

Aquí che deixo unha plantilla na que podes escribir a túa receita.  



Que precisamos?:

- 3 cuncas de fariña
- 1 cunca de sal fino
- 1 cunca de auga
- 2 culleradas de aceite, que podemos ampliar se queda moi dura
- colorante alimentario das cores que desexes ou teñas na casa

Como o facemos? Mooooi sinxelo, xuntamos todos os ingredientes e a amasar!!

Observacións: se queda moi dura podemos botar máis aceite. Ademais, podemos repartila en anacos e colorear cada anaco dunha cor diferente. Tamén a podemos empregar como masa de sal para facer adornos, meténdoa un pouquiño no forno cando os teñamos deseñados ou deixándoa secar ao aire. 


Anímaste a probar??





Un saúdo e bo mércores! ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario