Como levades as "vacacións" virtuais familias? Espero que as esteades desfrutando o máximo posible!
Hoxe, propóñovos que leades (se o tedes na casa) ou vexades un conto que ao mellor xa coñecedes. A ver se esta adiviña che axuda a saber de que conto estamos a falar! (Non fagas trampa, non mires a resposta antes eh!)
Adiviña, adiviñanza...
Orellas longas,
rabo curtiño;
corro e salto
moi lixeiriño...
Aquí che deixo un conto/canción moi divertida sobre as aventuras deste coelliño.
Tamén che deixo este en LSE para seguir practicando o que comezamos con Pistacho nos retos desta derradeira semana. Podes escoller o que queiras pero os dous están moi ben!!
Unha vez que remates co conto, recoméndoche algunhas manualidades de coelliños ben bonitas para pasar un luns algo máis entretido! 
Ningún comentario:
Publicar un comentario