martes, 14 de abril de 2020

Astronomía!

Como foron esas vacacións virtuais?? Espero que foran o mellor posible dentro das circunstancias nas que nos atopamos inmersos. 



Onte, día 13 de abril, conmemorouse o Día Mundial da Astronomía. Que mundo tan interesante! Que che parece se adicamos o día de hoxe a celebralo nas nosas casiñas. 


Primeiro déixoche un vídeo no que podes aprender un pouquiño máis sobre a astronomía, a ver que che parece!!






Anímaste agora a facer algunhas manualidades relacionadas coa astronomía? Aquí che amoso algúns exemplos pero podes crear as que queiras ti!: 


  • Un cohete espacial con materiais de refugallo, como pode ser unha botella. Se premes na imaxe obterás máis información. 







  • Sistema solar estampando cun globo e pintura. Clica na imaxe para ver o proceso!




  • Un caleidoscopio con materiais que podemos ter pola casa e que resulta unha actividade moi divertida, sobre todo a observación dos efectos que produce. 





Anímate e pasa un ratiño entretido aprendendo máis do noso sistema solar! Unha derradeira pregunta, sabes como se chama a persoa que viaxa nunha nave espacial?? 





Un saúdiño de martes para tod@s! ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario