Outro mércores máis seguimos por aquí! Como estades? Gustouvos o tema da astronomía de onte?
Aproveitando que onte fixemos cousas sobre ela, mirade que canción tan rockeira nos propón Pakolas! A ver que che parece!!
Que che pareceu? Resultouche divertida? Agardo que te animara un pouquiño nesta maña de mércores.
Agora, propóñoche como actividade esta imaxe. Trátase de describir un pouquiño o que nela aparece, semellante ao que fixemos non fai moito coa imaxe da xirafa. Anímaste?
Primeiro podes observar a imaxe e ir describindo oralmente o que hai nela, cantas persoas, que animais, cantas árbores, como é a granxa e todo o que se che ocorra sobre ela.
Despois podes escribir algunhas frases nas que recollas o que acabas de describir. Mesmo podes inventar nomes para os nenos e nenas. Por exemplo, Xoel dalle unha caricia ao porco.
Un exemplo de plantilla:
Un saúdo para tod@s!❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario