venres, 3 de abril de 2020

Un gran pintor e escultor!




Quen recoñece o autor desta obra? O pasado venres estudamos a Sonia Delaunay, recordades? 

Este cadro é dun autor que viviu no mesmo tempo que ela máis ou menos e que ademais de pintor foi escultor. O seu nome é Joan Miró, seguro que o coñeces pero se queres aprender máis cousas sobre el, podes clicar encima do cadro. Por certo, que pensas que aparece representado? Que sensacións che provoca esta pintura?

Pero se prefires velo nun vídeo, aquí che deixo un para coñecer un pouco máis a este artista catalán. 




Anímaste entón a realizar as túas obras artísticas seguindo a Miró? 

Aquí che deixo unha serie de propostas para pasar un venres de confinamento máis entretido. 

De seguro que che quedan unhas obras do máis fermosas para decorar a túa casa. 



1. Elabora a ficha técnica de Joan Miró, a ver cantas cousas sabes do autor! Podes poñer o nome, a data e lugar de nacemento, a que se adicou durante a súa vida, algunha obra famosa ou que che guste, unha foto, etc. 

2. Imos realizar o noso autorretrato. Mira como elaborou Joan Miró o seu. 

En 1937, comeza Autorretrato na que só aplica algunhas cores diluidas e o debuxo encima. Este foi o resultado. 


En 1960 fixo unha revisión do cadro, encargou unha copia do debuxo e cun trazo groso, rápido, simplifica aquel rostro turbulento. A perfección para Miró era volver á infancia. 


Para iso, podemos pintar unha cartolina/papel con acuarelas ou temperas facendo o noso retrato como o de 1937. Unha vez que se seque, podemos elaborar o seguinte paso cun pincel, cera, rotulador, etc. 

3. Pero, como xa dixemos, ademais de pintor, foi tamén escultor. Anímaste a representar unha obra de Miró en 3D? Só necesitarás: cartóns (non moi grosos, por exemplo, os dos cereais), pinturas e pegamento. Pola parte lisa do cartón, podes levar a cabo a túa obra (podes facer soles, animais fantásticos ou estrelas como Miró ou deseñar os teus motivos) e pola parte de atrás podes pintar con cores para que non se vexan as fotos das galletas, cereais, etc. Mira unha mostra: 


4. Miró empregaba a súa "M" con diferentes cores e formas. Por aquí cha amoso. 

Que chulada, non si? Por que non deseñas ti a túa inicial? Cal empregaría para asinar as túas obras? A do nome ou a dalgún dos teus apelidos? Que cores e motivos tería? Sorpréndenos!!


Moito ánimo e a crear!! ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario