xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Sumamos outra conmemoración nesta semana. Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. 


Pero antes quería compartir con vós o doodle que onte google compartiu polo día da terra e que onte se me escapou!

https://www.google.com/doodles/earth-day-2020

Agora si, celebremos o día do libro! Colle o teu libro favorito e volve lelo ou empeza ese que aínda está sen ler. Eu deixoche por aquí algúns por se queres botar un ollo!



















Pero tamén te podes animar a inventar o teu propio conto! Sería unha das actividades que tiñamos pensadas na aula para celebrar este día pero como non vai ser posible facelo entre todos e todas, podemos ter ata 15 contos diferentes polo que será moito mellor aínda!




Tamén hai algunhas manualidades que podemos elaborar no día do libro!



Agardo que desfrutedes do día do libro e o celebredes na medida do posible! Apertas!❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario