O seu nome era Vicent pero quizais che soe máis o seu apelido, Van Gogh.
Naceu en Holanda en 1853. Pintó uns 900 cadros e realizou máis de 1600 debuxos. Pero se queres coñecer un pouquiño máis sobre este pintor, podes ver algún anaco do seguinte vídeo!
Anímaste a coñecer máis sobre este autor e as súas obras? Aquí che deixo unha serie de propostas para facer máis entretido este derradeiro venres de abril!
1. Despois de ver o vídeo, podes escribir algunha información do autor. Aquí che amoso un exemplo de ficha técnica que podes cubrir, aínda que podes deseñala como prefiras!
2. Unha das súas obras máis coñecidas chámase "Los girasoles" e vai amosando o xirasois dende que comezan a ter flor ata que esta se marchita. Aquí cha deixo en branco e negro para que poidas intervir na obra deste autor. Logo,clica no título do cadro que aparece subliñado e poderás ver a orixinal! Que diferenzas atopas?
3. Outra das súas coñecidas obras leva por título "La noche estrellada". Aquí amósoche un anaquiño do cadro, continúao ti conforme penses que seguirá. Logo, se clicas na imaxe poderás ver o cadro completo.
4. Para finalizar, propóñoche unha canción adicada ao autor. Podes lela e crear un ritmo para ela. Mesmo podes inventar ti unha!
Moito ánimo neste venres e boa finde!❤
Ningún comentario:
Publicar un comentario