mércores, 6 de maio de 2020

Twister!

Bos días de mércores! Que vos pareceu o 
continente africano?

Hoxe propóñovos unha actividade lúdica para pasar un bo anaquiño neste día solleiro! 

Ao mellor xa o tedes pero sempre pode ser divertido elaborar o noso propio. Animásdesvos?

O seu nome é Twister e permitiranos potenciar a coordinación motora e a destreza física, ademais de pasar un bo anaco coa súa realización. 


Animádevos familias, seguro que resulta do máis divertido!

Aquí vos deixo un vídeo que explica como pode realizarse, aínda que como sempre, podedes poñer en xogo a vosa imaxinación e creatividade e deseñalo como máis vos guste.



Aquí vos deixo un exemplo de ruleta máis divertida para os nenos e nenas pero, de novo, podedes deseñala como prefirades!



Un saúdo, espero que vos divirtades en familia! ❤

Ningún comentario:

Publicar un comentario