venres, 19 de xuño de 2020

Fin de curso!



Boas tardes de venres! Como foi a semaniña? 


Hoxe dase por rematado, oficialmente, o curso académico 2019/2020. E aínda que non podemos facer a nosa festa de fin de curso no cole, agardo que celebredes a vosa graduación da mellor maneira posible en compaía da voda familia!

Quería felicitarvos polo voso curso, acabades unha etapa moi bonita, a educación infantil, e comezades unha nova etapa que será moi especial, sen ningunha dúbida. 

Feliz graduación, nenos e nenas de 6º de Educación Infantil! Formades un equipo moi bonito, seguide así, sodes uns campións e campioas!! Así que a celebrar a vosa graduación en familia e con amigos, que agora xa podemos!



Moitas grazas por acompañarme nesta andaina nun novo cole, sodes xeniais, grazas pola acollida, foi un enorme placer estar estes mesiños convosco! Agardo que puidera devolvervos un pouquiño do que vós me transmitistes a min ❤


Unha aperta enorme, desfrutade do verán para volver en setembro con moita ilusión pola nova etapa! Se vos apetece podédesnos contar no Padlet que ides facer no verán, por exemplo! ❤

xoves, 18 de xuño de 2020

Un pouquiño máis de ciencia e retos


Bos días de xoves! Xa se achega  a fin de semana así que seguimos experimentando coa ciencia en forma de experimentos. A ver que che parecen os desta semana!




Experimento 1: como se forma a néboa

Que precisamos?
  • 1 vaso de cristal
  • 1 coador
  • 3 xeos
  • Auga quente
Como o facemos?

  1. Collemos auga quente e enchemos un vaso ata arriba.
  2. Deixamos que o vaso se quente durante 30 segundos e despois baleiramos a metade da auga. 
  3. Poñemos un coador sobre o vaso e tres xeos. Así, o vapor que queda debaixo comeza a condensarse. 
Aquí che deixo o vídeo do experimento:




Reto: zumba kids

A bailar!!


A desfrutar do xoves con estes retos! Un saúdo ❤


mércores, 17 de xuño de 2020

Adiviñas de verán!


Bos días de mércores! Como xa dixemos onte, o próximo sábado comeza unha nova estación, o verán. Pero que sabes ti desta estación? 


Hoxe propóñoche unha serie de adiviñas sobre esta estación. 




Pero antes deixo unhas cantas cancións moi axeitadas para desfrutar neste tempo: 



Agora si, a pensar un pouquiño! Cando saibas a solución da adiviña podes facer un debuxo para ilustrala:

1. Leva anos no mar                          
e aínda non sabe nadar.                         Solución 1


2. Ando sempre no verán,
unhas veces aberto,                             Solución 2
outras veces pechado.


3. Por encima del os barcos van,
por debaixo del os peixes están                 Solución 3
e nel ímonos mollar.                       


Tamén podemos realizar unhas actividades LIM ben entretidas sobre o verán ou colorear algún mandala con motivos de verán



Un saúdo!❤

martes, 16 de xuño de 2020

Xa chega o verán!


Bos días de martes! Como vai a derradeira semaniña de cole?

Que vos pareceu o conto dos caracois?

Como xa saberedes, o próximo sábado día 20 de xuño comeza unha nova estación, a ver se adiviñas cal é:


Todos agardan a miña chegada, 
pois traio as vacacións, 
comigo chegan tamén 
a calor, os xeados e as diversións.
Quen son?

Moi ben! O verán comeza o próximo sábado ás 23:44 horas. Mira que canción máis animada para ir celebrando a súa chegada!: 



Tamén podes elaborar algunhas manualidades para ir decorando a túa casa para esta estación tan colorida:
















Anímate a compartir as túas obras con nós no Padlet! Un saúdo ❤

luns, 15 de xuño de 2020

Caracois!


Bos días de luns! Como foi a fin de semana?


Hoxe deixo un contiño moi interesante que relata a historia de Caracol e Caracola e tamén unhas divertidas manualidades para facer despois do conto! Animádesvos?




Que vos pareceu a historia? 
Aquí vos deixo algúns caracois para que deseñedes despois de escoitar o conto!




Un saúdo!❤

xoves, 11 de xuño de 2020

Pablo Picasso!


Bos días de venres! 

Xa ás portas da fin de semana, quería presentarvos un novo pintor: Pablo Picasso! Se clicas no nome do pintor, poderás acceder á súa biografía!
















Agora é a túa quenda, pon en marcha a túa creatividade para pasar un anaquiño entretido!

1. Intervimos na obra de Pablo Picasso. Para iso podes imprimila en branco e negro como ti creas e logo comparala con obra orixinal para ver as diferenzas e semellanzas entre ambas. 

Paisaje mediterráneo



2. Obra cubista. O cubismo consiste en representar un obxecto ou unha persoa dende varios ángulos ao mesmo tempo. 

Como o facemos?:

  • Comeza a debuxar nunha folla diferentes elementos dunha cara. 
  • Tamén podes engadir outros elementos decorativos como corazóns, flores,...
  • Agora podes colorealos, recortalos e nunha nova folla ensamblalos creando o teu busto. 

Aquí che deixo un exemplo: 



















Anímate a deseñar as túas obras de arte! Un saúdo ❤

Experimenta!


Bos días de xoves! Como foron esas granxas?



Hoxe traio dous experimentos ben divertidos! Pero primeiro comparto con vós unha canción para que animedes este xoves!



Agora si! Aí van os experimentos de hoxe:


1. Cores que se comunican: 

Que precisamos:
  • 3 botes de cristal transparente
  • pintura (témpera, acuarela...)
  • servilletas de papel 
  • auga 
Como o facemos:

  1. Enchemos cada bote ata a metade de auga
  2. Disolvemos un pouco de pintura de diferentes cores nos botes
  3. Facemos un tubo coa servilleta e colocamos cada un dos extremos en dous botes diferentes
  4. Facemos o mesmo con outra servilleta. Colocamos un extremo no bote que acabamos de empregar e o outro no que está libre.
  5. Agardamos uns minutos para ver o resultado.




2. Pescando xeo:

Que precisamos:
  • Recipiente con auga
  • Xeo
  • Sal 
  • Fío groso
Como o facemos:

  1. Introducimos o xeo na auga
  2. Colocamos o fío sobre un dos cubiños de xeo, asegurándonos que están en contacto
  3. Engadimos un pouco de sal ao xeo e agardamos entre 1 e 5 minutos
  4. Agarra os dous extremos do fío e pesca o xeo!

Espero que vos gusten os experimentos de hoxe! Un saúdo ❤

mércores, 10 de xuño de 2020

A granxa dos ruídos!



Bos días de mércores! Que tal vos foi con eses xogos populares?



Mira estes gatiños que empezan pola letra g!




Hoxe, aproveitando que estamos aprendendo máis cousiñas da letra g, quería compartir con vós un poemiña sobre esta letra. A ver que vos parece! Se clicas encima da letra podes acceder a el. 


Agora, unha actividade moi sinxeliña e creativa. Anímaste a deseñar a túa granxa? Podes incluír os animais que máis che gusten e empregar os materiais que desexes! 


Deixo algúns exemplos por se che serven de axuda!












No seguinte enlace podes acceder a estas e moitas máis manualidades sobre a granxa. Anímate a deseñar a túa e a compartila con nós no Padlet! 






Tamén vos gustaban moito as cancións de Zenón así que mirade que bo momento para escoitalas!


Un saúdo para tod@s!❤

martes, 9 de xuño de 2020

Outra de xogos populares!


Bos días de martes! Gustouvos a historia de elefante e formiguiña? Espero que si!!


Hoxe, martes, pensei que podiamos facer algúns xogos ben divertidos para desfrutar destes días de sol. A ver que vos parecen!




Primeiro deixo esta canción tan animada! Aínda que agora temos que ter un pouquiño máis de precaución cando vaiamos ao mercado, espero que vos guste. Seguro que xa a coñecedes!!




Agora si! Anímaste a probar algún destes xogos?

1. Primeiro un que podes deseñar ti e pasar un anaquiño entretido.




2. Outro no que as protagonistas son as pedriñas. Mira que facemos con elas: 




Consiste en pintar pedras con diferentes debuxos e metelas nunha bolsiña. Sen mirar un xogador ou xogadora debe sacar unha pedra e comezar unha historia que teña relación coa imaxe que sacou. A seguinte xogadora ou xogador debe continuar a historia incluíndo na mesma o debuxo que sacou na súa pedra e así sucesivamente. Se non podedes coller pedriñas, podedes facelo empregado tarxetas de papel, por exemplo.!


Anímaste a probar estes xogos? Un saúdo ❤

luns, 8 de xuño de 2020

¡Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro)

Bos días de luns! Como foi a fin de semana?

Hoxe traio outra historia moi bonita, de amor entre un elefante e unha formiguiña que, por suposto, non ten nada de raro. A ver que vos parece! Se clicas na imaxe podes acceder á historia!!



Que vos pareceu a historia destes dous animaliños tan simpáticos?
Agora podes elaborar unha serie de actividades sobre o conto como, por exemplo: 





















Tamén podes recrear a formiguiña! Pero recordade que tiña cinturiña de avespa!!



Agora podes bailar un pouco cunhas cancións ben marchosas!!




Espero que o pasedes ben con esta historia! Un saúdo para tod@s!❤

venres, 5 de xuño de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora dende 1972 para concienciar sobre o seu coidado. 



E vos que facedes para coidar do noso medio ambiente e desfrutar del? Lembrades que reciclabades súper ben no cole? Que máis cousas levades a cabo para defender a natureza?


Mirade que contos tan chulos. Un xa o coñeces, o outro quizais tamén pero sempre resulta enriquecedor recordar obras tan interesantes e cheas de valores: 




Tamén vos deixo unha canción con moito ritmo para coidar o noso planeta!




E aquí unha manualidade moi chula para celebrar este día e que podemos compaxinar cos retos de Pistacho desta semana! Se clicas na imaxe podes acceder a ela!



Tamén podedes desfrutar con algúns xogos sobre a reciclaxe na web de ecoembes.

Espero que desfrutes do Día do Medio Ambiente! Un saúdo❤

xoves, 4 de xuño de 2020

Experimentos e retos

Bos días de xoves! Como foi o paseo en bici?



Hoxe, xoves, propóñovos:


Unha receita ben divertida: NUBES DE ESPUMA!

Que precisamos: 

  • Un vaso
  • Auga
  • Espuma de afeitar
  • Colorantes
Paso a paso: 

  1. Colocamos auga no vaso, un pouco máis da metade
  2. Colocamos a espuma de afeitar encima da auga
  3. Crea a auga de cores noutros recipientes
  4. Coa axuda dunha culler ou un goteiro vai agregando auga de cor sobre a nube que se irá abrindo paso ata chegar a auga clara e formar figuras interesantes


Un reto: BALONCESTO NA CASA

Que precisamos:

  • Pelota
  • Cubo



A pelota ten que ser pequena e o cubo tamén. Coloca o cubo a un lado do pasillo e, por quendas, lanza a pelota. A ver quen encesta máis veces! Tamén podedes facer este reto cun globo sen tocalo coas mans. Conseguirédelo?








Espero que vos gusten os retos de hoxe! Un saúdo ❤

mércores, 3 de xuño de 2020

Día Mundial da Bicicleta!


Bos días de mércores! Como foron os pasatempos? 


Sabedes que se celebra hoxe? O Día Mundial da Bicicleta! 


O obxectivo é promover este medio de transporte san, sostible e divertido e concienciar sobre os dereitos d@s ciclistas. 

Ademais, esta semana celebrarse o Día do Medio Ambiente e que mellor maneira de coidalo que empregando un medio de transporte como a bicicleta. 

Por iso, se tes bicicleta podes adicar unha parte do día a facer algún percorrido con ela, de seguro que te divertirás un montón!

1. Podes probar a escoller cales son os elementos necesarios para manter a seguridade: 


2. Podes escoitar a historia da bici e ver como cambiou ata hoxe.




3. Un xogo sobre as bicis para ir colocando os cascos tan necesarios para ir segur@s! Podedes bucear na web pois hai máis xogos de seguridade vial!



Tamén podes deseñar a túa bicicleta emrpegando materiais de refugallo e compartir unha foto do resultado ou da túa bici no Padlet se che apetece!



Un saúdo para tod@s!!❤

martes, 2 de xuño de 2020

Martes de pasatempos!




Bos días de martes! Que vos pareceu a historia de Osiño? 


Quedáronvos
 unhas bolboretas moi bonitas e creativas! 



Hoxe quería propoñervos unha serie de actividades divertidas, os pasatempos! 

Pero primeiro, para que animes o martes, deixoche unha canción moi divertida. 




Agora si, deixoche algúns pasatempos e xogos para que pases un martes divertido!


1. Un sudoku de bolboretas! Pídelle axuda a papá, mamá ou avós/avoas para que che axuden a colocar as bolboretas no lugar correspondente para que non coincidan as da mesma cor!



2. Laberinto! Axuda á bolboreta a chegar á flor.


3. Un reto divertido de encestar as boliñas en vasos ou recipientes que teñas pola casa! A ver quen mete máis!!




Espero que che resulten divertidos estes pasatempos! Un saúdo ❤