Como foi a celebración do día da danza? Agardo que pasarades un anaquiño entretido coas vosas coreografías!
Que vos parece se hoxe, xoves, o adicamos á ciencia e elaboramos algún divertido experimento co limón como protagonista? Ocórreseche algún experimento que poidamos realizar con esta froita?
Experimento número 1: Volcán de limón
Que precisamos?
Comeza preparando os materiais que necesitas para levar a cabo o experimento!
- Un limón
- Un pouquiño de xel
- Bicarbonato
- Un coitelo
No seguinte vídeo podes ver o proceso de realización do experimento e tamén o resultado. Que divertido!! Non che parece??
Experimento número 2: Tinta invisible
Que precisamos?
- Un limón
- Un bastonciño
- Unha lámpada, lanterna ou candea (neste caso precisas a axuda dun adulto)
Só temos que sacar o zume do limón e empregalo como tinta, escribindo co bastonciño. Pero antes de enviar a nota debes deixala secar!
Así, quen a recibe debe aplicar calor para ver a mensaxe! Que sorpresa!!